Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Os grupos de Randufe, Rebordáns, Caldelas e Pazos de Reis participan na XIII Semana de Teatro Amador

Undefined

As artes escénicas están moi presentes na programación das Festas de San Telmo 2023.  O teatro será o protagonista dende o martes até o venres no Teatro Municipal de Tui da man de catro grupos locais que estrearán novas obras na XIII Semana de Teatro Amador. 

Paco Nogueiras, o Rey Midas, Brais das Hortas, Patty Difhusa e Migallas actuarán para o público familiar nas Festas de San Telmo

Undefined

Paco Nogueiras, o Rey Midas, Brais das Hortas, Patty Difhusa e Migallas serán os protagonistas dos espectáculos para público familiar na carpa da Corredoira dentro da programación das festas de San Telmo. A cita será cada día ás 18:00 h entre o martes 11 e o sábado 15.

O martes 11, o Rey Midas ofrecerá o seu espectáculo “Maxia cómica”, no que mesturará trucos de ilusionismo con episodios cómicos para conectar cos máis pequenos e pequenas.

Arce ‘Perro Viejo’ actuará no Espazo Feiral o sábado 15 nas Festas de San Telmo

Undefined

No marco dos eventos musicais das Festas de San Telmo, Tui tamén contará cunha programación especialmente dedicada ao público máis novo. Arce ‘Perro Viejo’, DJ Mesu e DJ Enter ofrecerán o sábado 15 no Espazo Feiral de Tui un concerto que mesturará os versos do rapeiro compostelán e as mesturas destes dous disc-jóckeys que amenizarán a festa até a entrada da madrugada. 

As Festas de San Telmo escaparate da riqueza cultural, patrimonial, deportivo a gastronómica da cidade

Undefined

Tradición, música, espectáculos familiares, gastronomía, deporte… forman parte da programación das Festas de San Telmo 2023 que se van celebrar do sábado 8 ao luns 17 de abril en Tui. O Paseo da Corredoira, onde se instalará unha carpa para as festas, a praza da Inmaculada, o Teatro Municipal, a rúa Compostela, e o Espazo Feiral, serán os principais escenarios das actividades previstas.

Mañá preséntanse as Festas de San Telmo 2023

Undefined

Mañá venres, 31 de marzo, ás 11 h no salón de plenos da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación das Festa de San Telmo 2023 que se van celebrar na cidade do 8 ao 17 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, de Comercio e Mercado, Ana Núñez, e do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.

Tui acolle este venres a presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego” de Anxel Cardín

Undefined

Este venres, 31 de marzo, ás 20.00 h terá lugar na sala de exposicións municipal, no edificio Francisco Sánchez, a presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego”, de Anxel Cardín.

A presentación do acto correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela. Ademais, intervirá o investigador sociolóxico, Luís Cuntín, que presentará ao autor, e o propio escritor, Anxel Cardín.

A tradicional Feira Cabalar de San Telmo celebrarase durante dous días

Undefined

A Feira Cabalar das Festas de San Telmo 2023 volve este ano a celebrarse durante dous días. Será o próximo domingo 16 e o luns 17 de abril, Luns de San Telmo, en San Bartolomeu.

Dúas xornadas nas que poderá desfrutarse do deporte hípico, da afección polo mundo dos cabalos e dunha romaría popular que congrega a miles de tudenses e visitantes cada ano.

Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de SanTelmo

Undefined

Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de San Telmo o próximo sábado, 8 de abril, ás 22 h no Espazo Feiral na rúa Mártires de Sobredo.  Estes dous destacados artistas do panorama nacional presentarán un espectáculo musical no primeiro día dos festexos patronais de Tui. A entrada será gratuíta.

O público asistente gozará dun evento de gran calidade artística no que se fusionarán os grandes éxitos de ambos artistas. 

Pages

Subscribe to RSS - Cultura