Teatro, música e cinema centran a programación teatral de febreiro e marzo en Tui
Contraproduccións, Rilo e Penadique, Roi Borrallas, Gramola Gominola e Con de tres pés actuarán no Teatro Municipal de Tui nos meses de febreiro e marzo. As funcións terán lugar cada venres e inclúen tamén a proxección de “O corno” de Jaione Camborda.
Esta nova programación está formada por un total de seis espectáculo dirixidos tanto a público adulto coma familiar. As entradas están xa á venda a través de tui.gal e poderán adquirirse até 10 minutos antes do inicio da cada función.