Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A corporación municipal celebra este xoves pleno ordinario con trece puntos na orde do día

Undefined

Trece son os puntos que figuran na orde do día do pleno ordinario que este xoves, 25 de setembro, ás 20 h, vai celebrar a corporación municipal de Tui.

A) PARTE RESOLUTIVA 

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 31 de xullo de 2025. 

2. Expediente 2708/2022. Ditame de aprobación definitiva da rectificación do Inventario de vías e camiños municipais (solicitudes 2022-2024). 

A praza do Concello acollerá mañá venres un acto público contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza

Undefined

O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias,  e mañá venres, ás 20 h na praza do Concello realizará un acto público contra o xenocidio do pobo palestina en Gaza.

O obxectivo do mesmo é amosar a condena enérxica e a repulsa ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresar a solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza.

O Concurso Nacional de Saltos reunirá na fin de semana en Tui a un centenar de xinetes e amazonas

Undefined

Un centenar de xinetes e amazonas de Galicia e Portugal van participar esta fin de semana no Concurso Nacional de Saltos que se vai celebrar en Tui nas instalacións do Club Hípico Equigalia. É a terceira ocasión en que esta competición nacional de dúas estrelas se celebra na cidade.

Tui conta co orzamento máis alto da súa historia por importe de 12,36 millóns de euros

Undefined

O Concello de Tui ten xa en vigor o orzamento máis alto da súa historia por 12.368.603,43 €.  O pasado venres publicouse no Boletín Oficial da Provincia o Presuposto, Cadro de Persoal e as súas Bases de Execución para o exercicio 2025.

Os orzamentos aprobáronse inicialmente vinculados a unha cuestión de confianza presentada polo alcalde, tras ser rexeitadas as contas en pleno.  Tras a exposición ao público foron aprobadas definitivamente.

Tui investiu máis de 175 mil euros na mellora do pavillón de Randufe

Undefined

O pavillón municipal de Randufe presenta unhas condicións óptimas para o inicio do novo curso escolar, e da nova temporada competitiva tras as obras de mellora e acondicionamento acometidas polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses que supuxeron un investimento de 176.859,01 €.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, visitaron esta mañá ás instalacións onde, xunto coa directora do CEIP de Randufe, o arquitecto que elaborou o proxecto, o responsable da empresa construtora, e técnicos municipais comprobaron as melloras realizadas.

Presentación do Campionato de España de Radiocontrol Térmico

Undefined

O próximo luns, 1 de setembro, ás 11.30 h, na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón das instalacións de piragüismo e remo de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de Radiocontrol Térmico. Esta proba, organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui e a Comandancia Naval do Miño, celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de setembro, no río Miño ao seu paso por Tui.

O Concello de Tui reforza a coordinación para a prevención e actuación ante incendios forestais

Undefined

O Concello de Tui reforza a coordinación para a prevención e actuación fronte aos incendios forestais.  Con este obxectivo,  esta semana, celebrouse unha reunión de traballo, no salón de sesións da casa do concello, que contou coa participación do alcalde, Enrique Cabaleiro, que interrompeu as súas vacacións para asistir á reunión, da alcaldesa en funcións, Ana Núñez, dos concelleiros Rafael Estévez e Sonsoles Vicente, persoal técnico municipal, representantes da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e das comunidades de montes tudenses. 

As súas maxestades os reis de España e o presidente da República Portuguesa presidirán o Comité de Honra do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui

Undefined

O rei D. Felipe VI e a raíña Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa teñen aceptado a presidencia do Comité de Honra das celebracións do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui, que comezarán o vindeiro 30 de novembro deste ano 2025.

Así o teñen comunicado tanto a Casa da Súa Maxestade o Rei e a Casa Civil do Presidente da República portuguesa en resposta ao convite realizado polo alcalde de Tui, en nome do comité organizador deste evento no que participan tanto a Catedral tudense como as administracións públicas de Galicia e o Norte de Portugal.

A EDAR de Guillarei adiántase aos obxectivos europeos e acada un récord de autoconsumo enerxético en 2025

Undefined

A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, pertencente ao Consorcio Augas do Louro e xestionada por Aqualia, acadou un fito importante en sustentabilidade enerxética: durante o primeiro semestre de 2025, a planta logrou cubrir o 50% do seu consumo enerxético mediante fontes renovables propias, marcando un récord de autoconsumo.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía