A obra de paso sobre o arroio Cotarel suporá un investimento de 1,5 millóns de euros
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, José Antonio Quiroga, asinaron esta semana o convenio que posibilitará a construción dunha plataforma sobre o arroio Cotarel. O documento determina as condicións para o financiamento e execución desta obra que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros, dos que o 80% será sufragado pola Confederación e o 20% restante polo Concello de Tui.





