Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A Eurocidade Tui-Valença suspende a Cabalgata Internacional debido a adversa predición do tempo

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença vén de suspender a súa Cabalgata Internacional de Reis, ante as adversas predicións do tempo para esta fin de semana.  Garantir a seguridade tanto do público coma das persoas participantes na comitiva motivou esta decisión xa que gran parte do percorrido, de 3,5 quilómetros entre as dúas cidades, transcorre por zonas moi abertas, e a previsión indica a posibilidade de refachos fortes que poderían acadar os 80 kms/h. 

Carlos Pérez Antón recibirá o próximo xoves, 2 de xaneiro, a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui

Undefined

O Concello de Tui entregará o próximo xoves, 2 de xaneiro, ás 18 h no Salón de Plenos da Casa do Concello unha “Mención Honorífica Especial” a Carlos Pérez Antón - popularmente coñecido como Carlos Fonterosa - en recoñecemento a unha dilatada traxectoria persoal de apoio e promoción da actividade social, comercial e cultural da nosa cidade.  

A Eurocidade Tui-Valença vivirá unha tarde máxica coa Cabalgata Internacional de Reis

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença prepárase para vivir unha tarde máxica de Reis coa tradicional Cabalgata Internacional, que terá lugar o próximo domingo, 5 de xaneiro. As súas Maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar, teñen previsto chegar ás 16:30 h á estación de tren de Valença. Dende alí, iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros acompañados por unha ampla comitiva de máis de 200 persoas ata o Paseo da Corredoira en Tui.

Música e deporte na programación de Nadal para despedir o ano

Undefined

A programación de Nadal continúa a encher de maxia Tui con diferentes propostas nos próximos días. 

O Teatro Municipal de Tui acollerá hoxe venres e mañá sábado os concertos de Nadal da Banda de Música Popular de Tui e das tres corais tudenses, Centro Sociocomuntiario, Ponte das Febres e San Telmo, respectivamente. As entradas para estes eventos musicais están á venda en tui.gal. 

Amais hoxe venres ás 16.30 h na Residencia Paz e Ben actuará a Coral San Telmo. 

Bo Nadal

Undefined

Tui, a dos vellos amores,

toda de fores cuberta,

toda de groria vestida,

co seu ponte, arpa de ferro

que fixo a bela Poesía

Tui agarda bater un novo record na súa San Silvestre superando as 1200 persoas participantes

Undefined

A dez días de que peche a inscrición máis de 600 persoas están xa anotadas na III San Silvestre Solidaria Tudenses que se vai celebrar o martes, 31 de decembro, dende ás 10.30 h.  Por iso dende a organización – Concello de Tui e Atletismo Tui –  agardan que se rexistre un novo record superando as 1200 persoas participantes de 2023. A inscrición está aberta até ás 22 h do domingo, 29 deste mes atletismotui.wordpress.com.

Presentación da 3ª San Silvestre Solidaria Tudense

Undefined

Mañá xoves, 19 de decembro, ás 12.00 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 3ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Celebrarase o  o martes 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Tui inaugurou hoxe o novo espazo social e cultural da rúa Camilo José Cela

Undefined

O novo espazo socio cultural da rúa Camilo José Cela abriu hoxe as súas portas tras as obras da rehabilitación do inmoble acometidas polo Concello de Tui cun investimento de máis de 900 mil euros dos que preto de 800 mil foron financiados a través do PIREP Local.

Trátase dun edificio moderno, funcional e versátil, que está chamado a converterse nun centro neurálxico da cidade contribuíndo ao seu dinamismo cultural e social.

Mañá sábado será inaugurada a rehabilitación do edificio municipal da rúa Camilo José Cela

Undefined

Mañá sábado, 14 de decembro, ás 12 h terá lugar a inauguración das obras de rehabilitación do edificio municipal situado na rúa Camilo José. O acto contará coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; da concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, e do arquitecto responsable da obra, Daniel Torres Campos. No mesmo contarase cunha pequena actuación musical a cargo do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía