Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

As corais tudenses encherán de música de Nadal o Paseo da Corredoira

Undefined

A música coral será a protagonista esta fin de semana dentro da programación Tui, o Camiño do Nadal que organiza o Concelllo de Tui. Panxoliñas tradicionais e populares soarán nas voces dos e das integrantes das tres corais tudenses tanto mañá sábado coma o domingo no Paseo da Corredoira. 
Así mañá ás 13 h será a quenda da Coral do Centro Social e ás 19 h da Coral San Telmo. Mentres o domingo ás 13 h actuará a Coral Ponte das Febres. 

A música protagonista na Eurocidade Tui-Valença co concerto “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”

Undefined

A maxia do Nadal cunha nova ponte musical encherá o próximo sábado, 16 de decembro, ás 21.30 h ES o Teatro Municipal de Tui no Concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença. Baixo o título de “Nadal de Cristal / Natal de Cristal” este evento impulsado pola Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui reunirá no escenario a 80 músicos de 4 formacións Kasual Quartet, o Coro infantil Vocalis Contrasta, o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e Mistura Vocal.

Presentación en Tui do libro “Tesouro espeleolóxico galego”

Undefined

Mañá martes, 5 de decembro, ás 20:00 horas no edificio Francisco Sánchez, rúa Colón nº 2, terá lugar a presentación do libro “Tesouro Espeleolóxico Galego” que edita o Club Espeleolóxico “Maúxo” que contará coa participación de Alba Cid, profesora, prestixiada poeta e coautora desta magna obra editada por aCentral Folque nun coidado volume ilustrado de 544 páxinas. Ademais, participará o historiador e arquiveiro tudense, Rafael Sánchez Bargiela.

Mercado de Nadal, iluminación, música en directo e decoración sostible abren a programación festiva en Tui

Undefined

Todo preparado en Tui para dar a benvida ao mes de decembro marcado pola celebración das festas de Nadal. Nas distintas rúas ultímanse os detalles para pór todo a punto para mañá inaugurar tanto a decoración de rúa coma a iluminación que encherá de cor, ilusión e maxia o centro urbano durante o Nadal.

Mañá ás 17 h terá lugar a inauguración do Mercado de Nadal cos quince primeiros expositores nas casetas de madeira no Paseo da Corredoira  que achegarán produtos vinculados ao Nadal dende decoración, agasallos, ou gastronomía.

As fotografías dos bosques españois, entre eles o Aloia, forman parte da mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España”

Undefined

Unha fotografía tomada no Parque Natural do Monte Aloia de Tui é unha das 26 imaxes que conforman a mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que foi inaugurada esta mañá na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. A exposición chega a  Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da Oficina de Tui de ABANCA, Mª Teba García.

A Banda de Música Popular de Tui ofrece mañá un concerto solidario de Santa Icía protagonizado polas bandas sonoras

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, ás 20 h, o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui no que as bandas sonoras conformarán o repertorio previsto.  A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño – Baixo Miño. Leite, cacao, legumes en conserva, galletas, son algúns dos produtos máis demandados, pero tamén se poden entregar outros vinculados ás celebracións do Nadal.

O Concello de Tui colabora cos actos conmemorativos do 101 aniversario dos sucesos de Sobredo

Undefined

Neste ano 2023, no que se celebra o 101 aniversario dos tráxicos sucesos de Sobredo onde tres persoas labregas foron vítimas do disparos das forzas da orde contra unha mobilización agrarista, o Concello de Tui seguirá colaborando, nunha nova oportunidade, coa celebración da homenaxe aos Mártires de Sobredo que terá lugar este domingo 26 de novembro a partir das 11.00 h na carballeira de Sobredo – Guillarei.

A tradución ao galego de “Quod Nihil Scitur” de Francisco Sánchez dispoñible a cambio de alimentos

Undefined

A obra “Quod Nihil Scitur” de Francisco Sánchez adquire este días en Tui un compoñente solidario. Isto é así porque a tradución ao galego realizada polo profesor de grego e latín do IES San Paio Laureano Alonso, cambiase por alimentos non perecedoiros.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura