A comparsa “Terra dos Mil Segredos” da Asociación Cultural O Borraliño gañadora do Entroido Tui
Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para gozar coa creatividade, o corido, o humor, a imaxinación… das 12 comparsas participantes no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.
A comparsa da Asociación Cultural “O Borraliño” de Soutelo de Salceda con “Terra dos mil segredos” foi a gañadora na categoría xeral e tamén en carrozas no desfile-concurso. A catedral de Santiago, cunchas de peregrino, pementos de padrón, polbo, ou cervexa galega formaron parte da súa representación de Entroido.