Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dalle volta ao viño. Xornadas de Cata

Data: 
6/10/2022
Lugar: 
Tui

O 26 de maio comezan as Xornadas de Cata ""Dalle a volta ao viño". É unha iniciativa na que colaboran a Asociación de empresarios de Tui (EMPRETUI) , a asociación A Emoción dos Viños e o Concello de Tui co obxectivo de  a dinamizar a hostalaría tudense ao tempo que se promociona a cultura do viño e se dan a coñecer distintos viños galegos.

As catas comentadas terán lugar en 5 establecementos: Cafetería Entrehoras, Cafetería Amazonas, Restaurante O Pote, restaurante El Molino, e tapería Tapas e viños.
Nas mesmas daranse a coñecer castes, denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, elaboracións e tamén un achegamento os viños portugueses. Ademais nestas catas comentadas  tentarase rachar cun unha serie de tópicos sobre o viño, ensinar nocións de cata e maridaxes.

Datas

26 de maio ás 20.30 h na cafetería Entrehoras: “Castes ancestrais galegas” algunhas delas recuperadas recentemente e que forman parte do patrimonio vitivinícola galego . 
Prazas limitadas a 16 persoas. Cataranse  6 viños. Prezo por persoa 17 €. Inscrición previa en emociondosvinhos@gmail.com 

Programación

  •  26 de Maio: Castes Ancestrais Galegas,  Cafetería Entrehoras. 
  • 2 de Xuño: Falemos das I.X.P. Primeira parte, Cafetería Amazonas
  • 16 de Xuño : Falemos de I.X.P. Segunda parte, Restaurante O Pote. 
  • 30 de Xuño: As Brancas Gañan, Restaurante El Molino. 
  • 6 de Outubro: Naturalmente Viños, Tapas e Viños
  • 20 de Outubro: Os nosos irmáns Portugal Parte 1, Entrehoras. 
  • 10 de Novembro: Os nosos Irmáns Portugal Parte 2, Amazonas.
  •  24 de Novembro: Rompendo Tópicos no viño, Restaurante O Pote
  • 1 de Decembro: Burbullas parte 1, Tapas e viños. 
  • 15 de Decembro: Burbullas parte 2, Restaurante El Molino

Máis  información sobre as xornadas no teléfono de Empretui: 604 032 731