Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui é un dos municipios beneficiarios do Plan + Provincia de 2025

20/04/2026

O Concello de Tui é un dos municipios beneficiarios do Plan + Provincia de 2025 da Deputación de Pontevedra. 

En concreto ao abeiro da Liña 1 recibirá 260.558,31€ para o Modificado nº 1 do Contrato de obras do Paseo da Corredoira e Augusto González Besada. Trátase da Fase 1: Augusto González Besada e Corredoira Sur. Por outra parte percibirá 237.467,27€ para a humanización e reforma da rúa Coruña; 149.864,79€ para a mellora da capa de rodadura do vial de acceso ao núcleo de Anta, Areas; e 165.953,90 € para a renovación do Parque Infantil da Alameda. 

Por outra parte da Liña 4 para a redacción de proxectos recibirá 11.407,42€ da recuperación do Espazo Público para persoas da rúa Bispo Lago, e 17.629,70€  acondicionamento urbano sostible do entorno da igrexa de Santa María da Guía en Randufe.