Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui destinará 26 mil euros do Plan +Provincia a remoergómetros e unha escultura

20/04/2026

O Concello de Tui destinará máis 26 mil euros da Liña 1 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra a adquisición de remoergómetros e dunha escultura. 

Así por unha parte o Concello recibirá 18.143, 95 € para adquirir unha escultura dun peregrinos. Por outra parte Concello de Tui investirá  7.999,94 euros deste fondos provinciais para a adquisición de remoergómetros para o Centro Municipal de Remo José Luís Méndez.