Presentación do XII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade
Mañá martes 23 de xuño, ás 12.30 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación oficial do XII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva, organizada polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, terá lugar no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, este domingo 28 de xuño, a partir das 10.30 horas.
Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o vereador de Desporto de Valença, Óscar Silva, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do comité organizador, Eduardo Jorge Méndez, o director do departamento de Kung Fu Moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco, acompañados por distintos deportistas do club organizador.





