Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán 2026 do Concello de Tui
Hoxe públicase na Sede Electrónica do Concello de Tui a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán 2026.
Cada participante deberá solicitar (ata as 14.00 horas do venres 19/06/2026) a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:
- Presencialmente no departamento de Tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome da persoa participante e as quendas ás que este inscrita.
- Por enderezo electrónico cobros@tui.gal, indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa, ademais do nome da persoa participante e as quendas nas que este inscrita.
Para o pagamento da taxa, cada persoa participante terá ata o venres 19 de xuño para realizalo:
- Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN.
- Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER.
Cada participante terá ata o venres 19 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.
As persoas que teñan calquera dúbida co pagamento, poden contactar ao departamento de Tesourería no enderezo electrónico cobros@tui.gal, ou no teléfono 986 60 36 25 [Extensión 3].
O importe por persoa participante e quenda é de 30,56€.
A persoa admitida que o día 19 de xuño non fixera o ingreso da cada quenda, será dada de baixa e a súa praza pasará á seguinte da lista de reservas.
No caso de renuncia á algunha quenda, deberán presentala de xeito expreso:
- Presencialmente, no Rexistro do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome da persoa participante e as quendas ás que renuncia.
- Por sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 mediante unha instancia xeral.
A persoa admitida que ao remate dese día non fixera o ingreso de cada quenda, será dado de baixa e pasará a súa praza ao seguinte da lista de reserva.
As baixas formalizaranse por escrito e de forma xustificada no Concello de Tui, debendo achegar certificado de conta bancaria actualizado (do tomador das taxas) coa solicitude. Se a baixa se produce antes do inicio do campamento (1º día da 1ª quenda) devolverase o importe íntegro. Dende a devandita data (1º día da 1ª quenda), non se devolverá importe algún.





