O barroco na Catedral de Tui centrará a conferencia que este xoves ofrecerá o catedrático Miguel Taín
“A gran catedral de Tui nos séculos do barroco ( ss. XVII-XVIII)” é o título da conferencia que o catedrático Miguel Taín Guzmán ofrecerá este xoves, 29 de xaneiro, ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
Esta actividade forma parte do programa organizado polo Concello de Tui para conmemorar os 800 anos da consagración da catedral tudense.




