Do 21 ao 24 de setembro celebrarase na Eurocidade Tui-Valença o IV MUMI
A casa do concello de Tui acolleu esta mañá a presentación da 4ª edición do MUMI que se vai celebrar do 21 ao 24 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
A casa do concello de Tui acolleu esta mañá a presentación da 4ª edición do MUMI que se vai celebrar do 21 ao 24 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.
Mañá xoves, 11 de maio, ás 11 h ES na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal, MUMI.
Na presentación participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Ánxela Vila e Diana Martins, representantes do MUMI en Galiza e Portugal.
O encontro profesional das músicas do Minho xa ten datas para a edición 2023. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral teñen unha nova cita na Eurocidade Valença-Tui do xoves 21 ao domingo 24 de setembro. Esta edición amplíase a catro días de música e encontros profesionais que terán lugar en localizacións emblemáticas de ambos municipios e que converterán de novo á Eurocidade nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países.
Éxito do I Congreso Internacional de Educación celebrado o pasado venres e sábado na Eurocidade Tui-Valença.
Máis de 300 persoas asistiron presencialmente ás distintas ponencias tanto no auditorio da Escola Superior de Ciencia Empresariais en Valença coma no Teatro Municipal de Tui, ás que se suman as máis de 500 visualizacións que as retransmisións en directo das dúas xornadas suman xa nestes momentos.
A educación do presente e do futuro está a debate hoxe e mañá na Eurocidade Tui-Valença no I Congreso Internacional que comezou esta tarde no auditorio da ESCE de Valença e que mañá prosegue no Teatro Municipal de Tui.
Este domingo celebrarase a décima edición da BTT Eurocidade Tui-Valença organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas e coa colaboración do concello de Tui e a Cámara de Valença.
Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença que durante dúas xornadas, venres e sábado, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.
O I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença celebrarase o venres 10 e o sábado 11 marzo na Eurocidade Tui-Valença para abordar as reformas educativas en Portugal e España. Está organizado polo grupo Atlántida e EIP-CEII, os equipos de investigación da Universidade de Porto. Neste congreso colaboran, entre outras entidades, o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, a Deputación de Pontevedra, Educación 3.0 e a Xunta de Galicia.
A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu undécimo aniversario cun concerto no Teatro Municipal de Tui. Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30 h ES.
O violinista Eliseu Silva ofrecerá o concerto ’24 caprichos fadistas’ nunha velada de unión entre ambas cidades - e ambos países- e de viaxe pola cultura portuguesa, nunha exaltación do Fado como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
A Eurocidade Tui-Valença asinará mañá en Lisboa o Acordo de Constitución da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. O alcalde, Enrique Cabaleiro, viaxará até a capital lusa para estar presente no acto de sinatura de dito Acordo, que foi concertado no pasado cumio luso-español.