Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Descarga de Documentos

E.g., 16/04/2024
E.g., 16/04/2024

Impreso renovación, cambio de titulariedade ou autorización de posto no mercado semanal

13/11/2020

Impreso de renovación, cambio de titulariedade ou autorización de posto no mercado semanal dos xoves.

O período de renovación dos postos é do 1 de novembro de 2020 ao 10 de xaneiro do 2021.

Cuestionario III Plan de Igualdade

6/11/2020

O Concello de Tui tomou a decisión de elaborar e aprobar o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes sendo consciente de que a pesar dos importantes avances legais e sociais, a desigualdade estrutural das mulleres precisa ser combatida mediante a implantación de políticas públicas que garantan visibilidade, recoñecemento, servizos e recursos.

Non se trata só de deseñar accións e medidas que compensen esta desigualdade senón que estas teñan en conta tanto as relacións de poder dentro e fora das institucións como a división sexual que aínda perdura en ámbitos como o emprego, os coidados, as tecnoloxías ou os espazos sociais e culturais.

O Concello de Tui quixo que este III Plan contara ca implicación da cidadanía e por elo o documento nace cunha clara vocación participativa que precisa da colaboración de todas e todos. Queremos coñecer de primeira man as necesidades, demandas e opinións respecto da igualdade para poder deseñar as medidas, actividades e accións mais axeitadas.

Pedimos e precisamos a vosa colaboración na recollida de toda a información posible e, dadas as circunstancias, a modalidade online parécenos a fórmula que máis se axusta ao momento excepcional. Esperamos que pronto poidamos celebrar sesións de traballo en grupo presenciais con axentes sociais, económicos e culturais así como con asociacións feministas, veciñais e doutra índole.

Dámosvos as GRAZAS de antemán por participar e responder a este cuestionario anónimo e lembrámosvos que todas as reunións e actividades que se vaian a desenvolver vinculadas á elaboración e implantación do Plan serán comunicadas en tempo e forma pola Concellería de Igualdade.

O cuestionario pódese cubrir en liña, ou imprindo este pdf e presentádoo no departamento de Servizos Sociais, previa cita.

 

Encargado/a de xardineiría para ACEESCA Emprego SL 13102020

13/10/2020

Encargado/a de xardineiría para ACEESCA Emprego SL 

Solicitude de inscrición no programa Cultiva a Mente 2020-2021

2/10/2020

Solicitude de inscrición no programa Cultiva a Mente 2020-2021

Folleto Informativo SAT

1/10/2020

Folleto Informativo SAT, Servizo de Atención Temperá

Listaxe A) de solicitudes admitidas do Programa municipal“Reactiva Tui”

25/08/2020

Listaxe A) de solicitudes admitidas do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva Tui”

Programa de conciliación Igual É +

24/08/2020

A Concellería de Igualdade do Concello de Tui en aras a promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, pon en marcha o Programa de Conciliación "IGUAL É +”. 

Listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva Tui”

30/07/2020

Listaxe 0 de solicitudes denegadas por non cumplir os requisitos establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva Tui”

Revista Aprende a Escoitalos 2019/20

23/06/2020

Revista Aprende a Escoitalos 2019/20

Resumo Boletins do 8 ao 14 de xuño de 2020

15/06/2020

Resumo Boletins do 8 ao 14 de xuño de 2020

Extracto das bases de Reactiva Tui

13/06/2020

Extracto do acordo Pleno en sesión ordinaria de 28 de maio de 2020, pola que se aproban as "Bases reguladoras do programa municipal de axudas extraordinarias de Emerxencia "Reactiva Tui", dirixidas ao mantemento do tecido empresarial municipal"

Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui”

9/06/2020

Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui” e anexos publicadas no BOPPO nº109 do martes, 9 de xuño de 2020. 

O Pleno da Corporación deste concello, en sesión de data 28 de maio do 2020, aprobou as “Bases Reguladoras do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias de Emerxencia “Reactiva Tui” dirixidas ao mantemento do Tecido Empresarial Municipal” e anexos, expoñéndose as mesmas no Boletín Oficial da Provincia (09062020), no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na páxina web do Concello de Tui (www.tui.gal).

O extracto da convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, cuxa publicación iniciará o prazo de presentación de solicitudes a partir do primeiro día hábil seguinte.

 

Páxinas