Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Descarga de Documentos

E.g., 19/04/2024
E.g., 19/04/2024

Resumo axudas compra vivenda no centro histórico de Tui - Ampliación Prazo

31/08/2021

AXUDAS PARA COMPRA DE VIVENDA NO CENTRO HISTÓRICO DE TUI
PERSOAS BENEFICIARIAS
• Persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.
REQUISITOS XERAIS
• Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
• Estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras.
• Ingresos anuais da unidade de convivencia: ata 6,5 veces o IPREM.
• Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos.
• A persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español. *
• O prezo de adquisición da vivenda será como máximo o previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, computando unha superficie útil de 120 m2.
CONTÍA DAS AXUDAS **
• Menores de 35 anos, ata 12.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
• Maiores de 35 anos, ata 10.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
• Anexo I, de solicitude.
• Anexo II, de declaración de composición da unidade de convivencia.
• Anexo III, de declaración da persoa solicitante e unidade de convivencia. En caso de non presentar a declaración de IRPF, acompañarase, en cada caso:
 Certificado de retribucións e retención de empresas.
 Certificado de pensións ou prestacións.
• Escritura pública da adquisición da vivenda, ou contrato privado de adquisición de vivenda, no caso de non dispoñer da primeira.
• Informe técnico acreditativo de que a vivenda adquirida non é susceptible de ser habitada, sen acometer as pertinentes obras de rehabilitación.
• Certificado de empadroamento de todas as persoas empadroadas na vivenda, salvo que a vivenda sexa para rehabilitar.
• Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito dun centro histórico.
SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
 En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
 Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI400A.
• Prazo de solicitude: Ata o 15/10/2021, ou esgotamento de crédito.
• Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2021.

Listaxe Admitidos Campamento de Verán Igual É +

18/06/2021

Unha vez publicado o listado de admitidos/as, cada participante deberá solicitar a carta de pago da taxa do campamento, de 30,56€ por participante e quenda, ata o día 25 de xuño, as 14.00 horas:

  • Presencialmente no departamento de tesourería do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a.
  • Por enderezo electrónico cobros@tui.gal, indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa., ademais do nome do participante e as quendas ás que este inscrito/a

Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o día 25 de xuño, de forma presencial, en efectivo, no departamento de tesourería do Concello de Tui, ou ata o día 27 de xuño de forma telemática para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.

REUNIÓN INFORMATIVA

O martes 29, ás 20.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, se manterá unha reunión informativa cos/as pais/nais/titores/titoras das persoas participantes, mantendo as medidas de seguridade establecidas en materia de COVID19.

 

Resumo programa Rexurbe

30/04/2021

Resumo axudas vivenda conservación e accesibilidade

7/04/2021

AXUDAS PARA CONSERVACIÓN, A MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E A ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS
PERSOAS BENEFICIARIAS
• Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
• Comunidades de propietarios, e agrupacións de comunidades.
• Persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
• Actuacións de conservación:
▪ Conservación da cimentación, estrutura e instalacións.
▪ Conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluso desamiantado.
▪ Adecuación interior da vivenda ás condicións mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene.
• Actuacións de seguridade de utilización e accesibilidade
▪ Instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade.
▪ Instalación ou dotación de produtos de apoio que permitan o acceso u uso por parte de persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio.
▪ Instalación de elementos de información ou de aviso (sinais luminosos ou sonoros)
▪ Instalación de dispositivos electrónicos de comunicación entre vivendas e exterior (vídeo porteiros ou análogos).
▪ Calquera que facilite a accesibilidade universal.

SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
▪ En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
▪ Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI422E.
• Prazo de solicitude: Ata o 22/04/2021,ou esgotamento de crédito.
• Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2021.

Resumo Axudas alugamento de vivenda 2021

7/04/2021

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 para o ano 2021. ((DOG nº 60 do 30 de marzo de 2021).

SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
  • Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI432A.    
  • Prazo de solicitude: Ata o 30/04/2021

Resumo axudas Compra vivenda conxunto histórico

7/04/2021

AXUDAS PARA COMPRA DE VIVENDA NO CENTRO HISTÓRICO DE TUI

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.

SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
  • Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI400A.    
  • Prazo de solicitude: Ata o 01/09/2021, ou esgotamento de crédito.
  • Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2021.

Resumo das axudas para a compra de vivenda no centro histórico de Tui

22/03/2021

Resumo das axudas para a compra de vivenda no centro histórico de Tui convocadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. 

As persoas interesadas, poden ampliar a información no Concello (rexistro) ou mandar un correo a ari@tui.gal

Publicación no DOG (15/03/2021), así como a publicación de Corrección de erros (16/03/2021).

 

 

Material Turístico Tui 2021

17/03/2021

En marzo de 2021 preséntase novo material turístico, en castelán e galego, con guión de Sara Quintana, historiadora, e deseño de Xosé Tomás, ilustrador. 

  • Plano Xeral
  • O tesouro de Salomón 
  • O túnel de dona Urraca

III Plan Municipal de Igualdade

5/03/2021

III Plan Municipal de Igualdade. 

Aprobado en pleno en decembro de 2020. 

Vixencia 2020-2024.

LEVANTAMENTO SUSPENSIÓN DA CELEBRACIÓN DO MERCADO XOVES

18/02/2021

Decreto de Alcaldía: Levantamento suspensión da celebración do mercadillo semanal dos xoves  - 17022021

Calendario Eurocidade Tui-Valença 2021

19/12/2020

A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario de 2021 co título “Valença e Tui con historia…” ilustrado polo artista portugués Antonio Nunes. 

Guía Camino Portugués por Tui

20/11/2020

Guía do Camino Portugués por Tui editada polo Concello en novembro de 2020. Deseño realizado por Andrés Lamas. 

Páxinas