Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un centenar de persoas participan mañá en Emprega Tui

16/09/2019

Mañá martes, 17 de setembro, ás 9.15 h na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo terá lugar a apertura do foro de emprego, Emprega Tui, que se vai celebrar ao longo da mañá con máis dun centenar de participantes. O acto de apertura correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

O programa a desenvolver é o seguinte:

Ás 8.45 h coa recepción dos participantes

Ás 9.15 h Presentación do foro da man do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

Ás 9.30 h O equipo técnico do PIE, Plan Integrado de Emprego, presentará este programa e explicarán algunhas das experiencias do participantes.

Ás 10.00 h Obradoiro “Como buscan as empresas o seu persoal” da man da consultora de formación e selección Quick Up

Ás 11.00 h Obradoiro “Portugal, una ponte ao emprego” a cargo do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal

Ás 11.30 h Descanso

Ás 12.00 h “Cómo facer visible a túa candidatura nunha ETT” por Adecco España e  “O mercado laboral e os procesos de selección en Portugal” por Adecco Portugal

Ás 12.30 h Luís Prados de Star Servicios, Matías García de Alonarti, Jesús López de Utingal, e Carmen Crusat do grupo Marsan presentarán nunha breve exposición a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Tamén exporán as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle  ás persoas desempregadas claves que as axuden a superar con éxito os procesos de selección

Ás 14.00 h Peche da xornada.