Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sinatura dun convenio de colaboración entre a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago e a Orde do Camiño de Santiago mañá en Tui

15/01/2020

Mañá xoves, 16 de xaneiro, ás 13 h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago e a Orde do Camiño de Santiago. Ambas entidades elixiron Tui para asinar este convenio por ser a cidade a Porta de Entrada do Camiño Portugués a Galicia.

O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, do presidente da comisión xestora de entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, Miguel García Correa, e do vicepresidente executivo da Orde do Camiño de Santiago, Alejandro Rubín Carballo.  Tamén asistirán membros da xunta directiva de Alfombristas do Camiño de Santiago.

A comisión xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago están a preparar dous grandes proxectos co gallo do Xacobeo 2021: o primeiro será   "Alfombras para el Camino", que consistirá na realización, de xaneiro a xuño de 2021, de alfombras en cada un dos camiños de Santiago; e o segundo a confección dunha “Alfombra Mundial”.