Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remataron as actuacións de emerxencia para solucionar afundimentos rexistrados no firme na N550 e na rúa Compostela

22/02/2020

Esta semana o Concello de Tui rematou as actuacións de emerxencia que tivo que realizar na N550 en Guillarei e na rúa Compostela polos afundimentos rexistrados no firme neses viarios. 

Por unha parte no centro urbano no cruzamento entre as rúas Compostela e Ourense rexistrouse un afundimento no centro do vial causado polas augas pluviais.  

Por outra parte na N550 en Guillarei, preto do acceso á A55 , dende hai máis dunha década rexistrábanse afundimentos nun tramo de 160 metros de longo por onde transcorre a rede de saneamento. Tras realizar as comprobacións técnicas o goberno municipal  tomou a decisión de acometer as melloras precisas. Así abriuse a gabia para compactar, ao tempo que se corrixiron as deficiencias existentes nas canalizacións  recollida de augas pluviais. Unha vez rematados estes traballos asfaltouse o tramo de actuación nun acho de 2,5 metros. Con esta obra dáse por solucionado un problema recorrente que se viña arrastrando dende máis de dez anos.