Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación de “Música e Viño no teu Camiño”

24/10/2019

Mañá venres, 25 de outubro, ás 12.45 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do derradeiro evento do proxecto Música e Viño no Teu Camiño promovido por Eu Rural que este domingo se vai celebrar en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, da concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicentes, e de representantes de Best Boy.

O evento celebrarase o domingo, ás 18 h, na praza de San Fernando con degustación de  viños Quinta Couselo, Terras Gauda, Adega do Vimbio e Altos de Torona  e concerto de Best Boy.