Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pablo Nojés&Páprika representan mañá “Qué pasa na Praza” no marco das actividades para escolares, asistiran 600 rapaces

6/11/2006

Pablo Nojés&Páprika representan mañá “Qué pasa na Praza” no marco das actividades para escolares
Asistirán 600 alumnos de Educación Infantil e Primaria de Tui

600 alumnos de educación infantil e de 1º de Primaria de 9 centro escolares de Tui asisten mañá martes á representación de “Qué pasa na Praza” de Pablo Nojés e Páprika. Trátase dun espectáculo que forma parte do Programa de Actividades para Escolares que organiza a Concellería de Cultura de Tui dentro da súa programación cultural. Haberá dúas representacións, a primeira ás 10h da mañá e a segunda ás 12h do mediodía.

“Qué pasa na praza” é unha comedia musical dirixida a todos os públicos. Con monicreques de boca, mimo, e danza preséntasenos un xoglar que chega á praza e conta as historia e pasan e que el imaxina. Asía parecen sobre o escenario un paiaso malabarista que falan un idioma inventado e que loita contra os eu rebelde nariz. Séguelle as desventuras dun frautista provocadas por un malabarista, e un vendedor de mel, Arquímedes, que compón cancións cos sons que captura nos seus frascos.

A interpretación corresponde ao propio Pablo Nojés que ao tempo autor da música xunto a Doménico Gargantoni.

Co programa de Actividades para Escolares a Concellería de Cultura plantéxase coma obxectivo achegar anos nenos ao teatro, tanto as distintas funcións que se realizan, coma ao funcionamento en si deste servizo. A experiencia lévase desenvolvendo varios anos sendo moi ben acollida tanto polos propios nenos coma polos profesores.

Pablo Nojés&Páprika con “Qué pasa na Praza”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Martes 7 de novembro ás 10h e ás 12h
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui