Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O venres día 3 ás 21,30 h. Largarta, Lagarta presenta en Tui a comedia “Carambola”

31/10/2006

Largarta, Lagarta presenta en Tui a comedia “Carambola”
Ernesto Chao e Rosa Álvarez forman parte do elenco da compañía

A compañía galega Lagarta, Lagarta chega este venres a Tui para presentar a súa última montaxe “Carambola (Cóncavo, convexo)” no marco da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura de Tui. A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 4€, 3€ os que teñan desconto por ser posuidores do carné xove, carné máis, de familia numerosa, xubilado ou minusválido, e 1€ para os menores de 14 anos.

Lagarta, Lagarta é unha compañía teatral creada polos actores Ernesto Chao e Rosa Álvarez. A súa primeira montaxe foi “Cartas de Amor” á que seguiu “Fobias” laureada con 3 premios Maria Casares 2005 ao Mellor Espectáculo, Mellor Texto Teatral e Mellor Actriz Protagonista, así coma o Premio Max 2005 ao mellor texto teatral en galego.

Carambola (Cóncavo, Convexo) foi estreada no mes de marzo levando xa máis dunha trintena de representacións acompañadas polo éxito de público e crítica. O elenco da obra está formado por Rosa Álvarez, Ernesto Chao, Belén Constenla, Elina Luaces, Anabell Gago e Rebeca Montero, baixo a dirección de Lino Braxe.

Esta comedia está baseada nun texto orixinal de Jose Luis Prieto. A historia transcorre nunha casa apartada nunha noite escura de treboada. Seis persoas deben representar o seu papel nun inocente xogo no que nada é o que parece.

Lagarta, Lagarta con “Carambola”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Venres 3 de novembro ás 21.30h
Prezo das entradas: 4€, 3€ con desconto e 1€ os menores de 14 anos
Venda de localidades o venres dende ás 16.30h
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Tui