Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A música protagoniza a programación cultural da fin de semana de San Telmo

9/04/2021

A música será a gran protagonista da fin de semana na programación cultural de San Telmo. 

O Teatro Municipal acollerá mañá sábado, ás 20 h , a Mercedes Peón en concerto, nun evento para o que xa non quedan entradas dispoñibles. Xunto a Mónica de Nut e Ana Fernández, nunha posta en escena pensada para o Teatro tudense, presentará “Déixaas”.  

O domingo, tamén ás 20 h, será a quenda do tudense Víctor Coyote que regresa a Tui para presentar o seu último traballo “Las Comarcales”. Canda a el estará Ricardo Moreno e Gustavo Villamor, e coa participación dos tudenses Pancho Álvarez e Lucas Fernández. 

Amais a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concerto. A banda ao completo baixo a dirección de Eloy Carrera actuará o luns, ás 20 h, no Teatro Municipal. Previamente mañá sábado ás 12 h na carpa da Corredoira actuará a sección de vento madeira, o domingo a sección de vento metal, e o luns os grupos de cámara.

As entradas poden reservarse gratuitamente en tui.gal, estando o aforo limitado a 180 butacas no caso do Teatro, e a 120 cadeiras na carpa. 

Cada tarde continuarán os pasarrúas no Paseo da Corredoira con dous pases ás 17 e ás 19 h. Mañá sábado será con Fantoches Baj e “Velocíclopes”, o domingo con Troula Animación con “Circo Krasnovarak”, e o luns con Troula Animación e “Polis-Tolos”. 

Tamén proseguen as 18 h os espectáculos para público familiar na carpa na Corredoira para os que están xa esgotadas as entradas. Mañá sábado actuará Fran Rei co espectáculo “O Super Heroe”, o domingo o Mago Teto con “Novas Tolemaxias” e o luns estará en concerto Uxía Lambona e a Banda Molona. 

Están previstos os pasarrúas das charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos o sábado e o domingo ás 13 h, respectivamente.

O próximo luns, 12 de abril, día de San Telmo e festivo local en Tui está amais prevista a Gala de Entrega de Premios Cidade de Tui no Teatro Municipal ás 13 h. Os galardoados son o escultor Silverio Rivas, Alberto Estévez Piña a título póstumo, e a Residencia San Telmo. É preciso reservar entrada previamente en tui.gal. 

Por outra parte lembramos que pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a mostra “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”. Mañá sábado abrirá de 9 a 14 h e de 16 a 20 h e o domingo e luns de 12 a 14 e de 16 a 20h . 

Programación de Actividades de San Telmo 2021 

Do 7 ao 12 de abril 
•    Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”
•    Sábado 10
•    Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento madeira da Banda de Música Popular de Tui
•    Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  Charanga A TU RITMO
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira FRAN REI “Superheroe”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  FANTOCHES BAJ “Velocíclopes”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal MERCEDES PEÓN “Déixaas”
•    Domingo 11
•    Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Sección de vento metal da Banda de Música Popular de Tui
•    Ás 13 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  Charanga CANTOS SOMOS
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira MAGO TETO “Novas Tolemaxias”
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Circo Krasnovarak”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal VICTOR COYOTE “Las Comarcales”
•    Luns 12
•    Ás 12 h na carpa no Paseo da Corredoira Grupos de Cámara da Banda de Música Popular de Tui
•    Ás 13 h no Teatro Municipal Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui
•    Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
•    Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
•    Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasarrúas  TROULA ANIMACIÓN “Polis‐Tolos”
•    Ás 20 h no Teatro Municipal BANDA MUSICA POPULAR DE TUI

Entradas

  • Reserva de entradas en tui.gal Máximo 2 entradas por persoa. O acceso ao espectáculo permitirase dende 30 minutos antes do inicio. As entradas non validades 10 minutos antes do comezo poderán ser reasignadas. 

Notas

  • Na Carpa no Paseo da Corredoira capacidade limitada a 120 cadeiras
  • Teatro Municipal de Tui capacidade limitada a 180 butacas
  • No caso de meteoroloxía adversa os pasarrúas e os espectáculos previstos na carpa poderán ser adiados ou suspendidos. Informarase o mesmo día ás 12 h nas redes sociais municipais