Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá celébrase a VIII Gala do Deporte Tudense

27/02/2020

Comezará ás 20.30 h no Teatro Municipal para recoñecer os éxitos deportivos da temporada 2019

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, 28 de febreiro, ás 20.30 h a VIII Gala do Deporte Tudense.  Neste evento o Concello de Tui recoñecerá aos deportistas, clubs, adestradores, entidades… polos resultados acadados ao longo da temporada 2019. Así entregaranse os premios Deporte Tudense nas categorías feminina e masculina absoluto, sub23, promesa e veterano. Tamén os premios Deporte Tudense Adestrador, Deporte Adaptado, Promoción do Deporte Base, Firma Comercial, e Outras Entidades.

A gala comezará coa actuación musical de Fonogenia con Mónica de Nut. A continuación entregarase un recoñecemento aos 28 deportistas tudenses que en 2019 participaron en competicións internacionais en atletismo, judo, fútbol, piragüismo e remo. No transcurso da gala entregaranse amais distintos recoñecementos históricos a persoas vinculadas co deporte, e outros a título póstumo.