Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 12 h presentación do concerto “As Badaladas de San Telmo”

25/04/2019

Mañá venres, 26 de abril, ás 12 h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación do concerto “As Badaladas de San Telmo” que se vai celebrar este domingo dentro da programación das festas de San Telmo.

Na presentación estarán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto a Montserrat Palacios, soprano e etnomusicóloga, e Llorenç Barber, compositor e artista sonoro.