Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado celébrase “Nadal entre Corais” no Teatro Municipal de Tui ás 18.00 horas

29/11/2006

Este sábado celébrase “Nadal entre Corais” no Teatro Municipal de Tui
Este sábado ten lugar no Teatro Municipal de Tui o IV Certame “Nadal entre Corais” organizado polo Centro Social de Tui co patrocinio do Concello tudense. Comezará ás seis da tarde.
No Certame participarán un total de 12 agrupacións polifónicas dos Centros sociais ou de Maiores da Provincia. Estarán a Coral Polifónica do Centro Social de Tui, a Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda, as corais do Porriño, Rivera Atienza de Vigo, Rosalía de Castro de Vilagarcía, o Fogar do Maior de Pontevedra, o Fogar do Maior de Vigo, a polifónica de Coia, o grupo Xuntanza de Coia, o grupo Coren de Ourense, a polifónica Anduriña de Vigo, e a coral do Centro Social e Marín.
Cada agrupación interpretará dúas composicións.

Información tomada de www.galiciasuroeste.info