Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este mércores celébrase a Xornada sobre San Domingos: arte e historia

5/08/2019

Organizada polo Instituto de Estudos Tudense achegará a dimensión artística e a vinculación deste templo coa liñaxe dos Soutomaior e os procesos devocionais da Idade Moderna.

A igrexa de San Domingos acollerá este mércores, 7 de agosto, a xornada organizada polo Instituto de Estudos Tudenses titulada “San Domingos: arte e historia”. Colabora nesta actividade o Concello de Tui e da Asociación Amigos da Catedral.  Esta mañá presentouse esta xornada na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudos Tudense, Javier Añoveros.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que esta xornada permitirannos coñecer esta xoia patrimonial tudense, facendo un chamamento a acudir a esta cita sobre un elemento singular do noso valor patrimonial e arquitectónico.

Mentres o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, lembrou que a entidade que preside dende hai uns anos organiza unhas xornadas anuais sobre a historia de Tui, que o ano pasado se centraron na igrexa de San Bartolomeu e que este ano se dedican a San Domingos, un dos principais exemplos da arte gótica galega e que conta cunha alongada historia dende a súa fundación no século XIV. Explicaba así que están previstas tres conferencias “moi atractivas e suxestivas” que farán unha achega á dimensión artística e a dous aspectos altamente relevantes da historia de San Domingos: a vinculación deste templo coa liñaxe dos Soutomaior e os procesos devocionais da Idade Moderna.

O programa previsto, na propia igrexa de San Domingos, con acceso libre e gratuíto, comezará ás 18.30 h co acto de benvida e a conferencia “Los Sotomayor: un linaje entre Galicia y Portugal” a cargo de José Augusto Sotomayor Pizarro, da Facultade de Letras da Universidade de Porto, e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés do Instituto Padre Sarmiento do CSIC.

A continuación ás 19.30 h realizarase unha visita comentada á igrexa “El arte gótico en Santo Domingo de Tui” a cargo Carmen Manso Porto, Biblioteca da Real Academia de Historia, especialista en arte dos dominicos en Galicia.  Ás 20.30 h está prevista a conferencia “El convento de Santo Domingo de Tui: foco de devociones dominicas en el Baixo Miño del Barroco” por Domingo González Lopo, da Universidade de Santiago de Compostela. Por último o peche das xornadas correrá a cargo do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

Xornada sobre San Domingo: arte e historia

  • Mércores, 7 de agosto, na igrexa de San Domingos
    • Ás 18.30 h acto de benvida e conferencia “Los Sotomayor: un linaje entre Galicia y Portugal” a cargo de José Augusto Sotomayor Pizarro, da Facultade de Letras da Universidade de Porto, e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés do Instituto Padre Sarmiento do CSIC.
    • Ás 19.30 h Visita comentada á igrexa “El arte gótico en Santo Domingo de Tui” por Carmen Manso Porto, Biblioteca da Real Academia de Historia, especialista en arte dos dominicos en Galicia.
    • Ás 20.30 h Conferencia “El convento de Santo Domingo de Tui: foco de devociones dominicas en el Baixo Miño del Barroco” por Domingo González Lopo, da Universidade de Santiago de Compostela
    • Ás 21.30 h Momento musical a cargo do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.
  • Organiza: Instituto de Estudios Tudenses
  • Colabora: Concello de Tui e Asociación de Amigos da Catedral de Tui.