Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En resposta a petición do Concello de Tui o ORAL suspenderá cautelarmente o cobro dos recibos do IBI aos afectados de Paramos

19/10/2018

En resposta á solicitude realizada polo Concello de Tui o ORAL pon en marcha unha medida transitoria pola cal efectuará a suspensión cautelar do período de voluntario de cobro dos recibos do Imposto de Bens Inmobles, o IBI,  para os propietarios das vivendas afectadas pola explosión do Barrio da Torre en Paramos o pasado 23 de Maio.   

Até que non se aprobe o Real Decreto Ministerial o ORAL non pode aplicar bonificacións ou exencións pero si suspender o cobro de maneira cautelar atendendo a circunstancia especial de situación de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil declarada polo Consello de Ministros o pasado día 7 de setembro.

Serán os departamentos ministeriais competentes os encargados de decretar as medidas definitivas para a exención do IBI dos 34 inmobles afectados (32 urbanos e 2 rústicos).