Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En outubro desenvolverase en Tui o proxecto “Extraordinarias” dirixido a mulleres emprendedoras

19/09/2019

O Concello de Tui xunto á Fundación Cibervoluntarios e Zona From Facebook poñen en marcha o proxecto “Extraordinarias” co obxectivo de fomentar o empoderamento feminino e contribuír á paliar a fenda tecnolóxica no emprendemento dixital.  Trátase de potenciar ideas e negocios activos que xeren valor e economía local para impulsalos a nivel global.

Vai dirixido a mulleres emprendedoras. Este proxecto contempla tanto taller formativos presenciais coma mentoring.

A formación presencial desenvolverase o martes 22 e o mércores 23 de outubro de 10 a 13 h na Aula CeMIT na Área Panorámica. Na mesma abordaranse as competencias en marketing dixital, desing thinking, branding dixital e ferramentas tecnolóxicas de xestión e innovación. Este taller complementarase con formación online para aquelas participantes que desexen continuar co proxecto. As persoas interesadas deben ter uns coñecementos mínimos de informática e contar cun equipo informático para a formación complementaria online.

Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. As interesadas poden anotarse no correo electrónico cfo@tui.gal, no Centro Municipal de Formación en Guillarei ou no teléfono 986 60 39 49 de luns a venres de 9 a 14 h.