Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra pleno extraordinario este xoves para axilizar o pago a provedores e reaxustar as axudas aos afectados de Paramos

14/04/2020

Celebrarase a porta pechada e poderase seguir en directo pola emisora municipal

A corporación municipal de Tui vai celebrar este xoves, 16 de abril, ás 20 h pleno de carácter extraordinario con 18 puntos na orde do día.

Na convocatoria xustificase a celebración deste pleno por banda por non coñecerse canto vai durar o Estado de Alarma no que estamos, e en especial, considerase necesario para a protección do interese xeral axilizar o pago a provedores e empresas, procurando que esta situación de carácter excepcional teña a menor repercusión no ámbito económico, ou reaxustar as axudas para reparación de danos en vivendas da denominada “Zona cero” no barrio da Torre, Paramos, afectada pola Explosión de material pirotécnico do 23 de maio de 2018, para posibilitar pagos a conta e pagos anticipados en relación con ditas axudas, ou modificar a ordenanza reguladora do procedemento de concesión de prestacións económicas para situacións de emerxencia social.

Dada a situación na que estamos e para evitar calquera risco de contaxio do COVID 19 o pleno celebrarase a porta pechada sen público, e será  retransmitido en directo a través da radio municipal. Amais realizarase unha nova distribución dos concelleiros e concelleiras no salón de sesións para garantir a debida separación entre eles, e estarán ao seu dipor mascarillas e luvas.

A orde do día é a seguinte:

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borradores de actas de sesións ordinaria nº 1, do 30 de xaneiro, e extraordinaria nº 2, do 9 de marzo.

2º.- Expediente 667/2020. Proposta de Alcaldía, de data 03/04/2020, de levantamento de reparo suspensivo ao informe desfavorable emitido pola Intervención municipal nº 21/2020, con ref. EMP 60/2020, de data 23/03/2020.

3º.- Expediente 1420/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1420/19 (ID 277).

4º.- Expediente 1450/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente 1450/19 (ID 379).

5º.- Expediente 1489/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar  a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº1489/19 (ID 275).

6º.- Expediente 1490/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1490/2019 (ID 222).

7º.- Expediente 1491/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1491/19 (ID 78).

8º.- Expediente 1493/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº1493/19 (ID 281).

9º.- Expediente 1495/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente 1495/2019 (ID73).

10º.- Expediente 1496/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1496/19 (ID 276).

11º.- Expediente 1718/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, ao beneficiario no expediente nº 1718/2019 (ID 396).

12º.- Expediente 2165/2019. Proposta de Alcaldía, de data 07/04/2020, relativa a declarar a non suspensión do procedemento de acordo coa DA3ª do RD 463/2020 e concesión do reaxuste da subvención concedida coa finalidade de ser destinada a sufragar a reparación dos danos causados nas vivendas da denominada como "Zona cero" do barrio da Torre da parroquia de Paramos, os beneficiarios no expediente nº2165/19 (ID 201).

13º.- Expediente 501/2020. Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 13/03/2020, relativa á aprobación do expediente de crédito extraordinario número 1/2020 (modificación de créditos 3/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.

14º.- Expediente 664/2020. Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardóns, de data 08/04/2020, relativa á aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2/2020 (modificación de créditos 8/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.

15º.- Expediente 390/2020. Proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 08/04/2020, relativa a excepcionar da regra xeral de suspensión dos prazos administrativos os procedementos de gasto e pago, incluída a aprobación do recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2020, levantamento dos reparos interpostos pola Intervención Municipal e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2020.

16º.- Expediente 683/2020. Proposta do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente, de data 08/04/2020, relativa a aprobación inicial de modificación da Ordenanza municipal reguladora do procedemento de concesión de prestación de carácter económico para situacións de emerxencia social.

 17º.- Expediente 365/2020. Proposta da Alcaldía, de data 13/04/2020, de levantamento de reparo interposto pola Intervención municipal (informe de data 11/03/2020), declarar a non suspensión do procedemento (DA3ª do RD 463/2020) e prestar conformidade ao Convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e o Concello de Tui para a execución, entrega, mantemento e conservación das obras do proxecto de construción dunha pasarela peatonal na desembocadura do rio Louro. TM. de Tui (Pontevedra).

 B).- Actividade de control:

 18º.- Expediente 827/2019. Organización e Disposicións Comúns de Control Interno: Dación de conta de acordos de levantamento de reparos interpostos pola Intervención Municipal. Exercicio 2019.