Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal amosa o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien

13/01/2021

A corporación municipal de Tui amosa publicamente o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien de Tui. Así o acordou este mediodía a Xunta de Portavoces, reunida con este motivo. 

Dende o Concello somos coñecedores do gran traballo realizado nesta residencia tudense, que dende o inicio da pandemia, no mes de marzo do ano pasado, ten levado a cabo un labor excepcional con gran profesionalidade  e mimo, coidando cada até o máis mínimo detalle para evitar a propagación do virus. Teñen destacado polo estrito cumprimento dos protocolos establecidos, sen descoidar a faceta humana na atención das persoas usuarias da mesma.

Nestes momentos complicados, nos que o virus ten golpeado con dureza á Residencia, dende o Concello de Tui, non podemos máis que pórnos ao seu dispor para todo aquilo que puideran precisar, coma xa temos feito dende o coñecemento do brote, e facerlles chegar o noso recoñecemento ao seu traballo, confiando na pronta superación desta situación. 

Dende o Concello de Tui faise extensible este recoñecemento ao traballo realizado tamén nas outras residencias tudenses durante a pandemia.