Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concentración polo Día Mundial do Cancro de Mama este xoves en Tui

22/10/2019

O Concello de Tui súmase ás conmemoracións do Día Mundial Contra o Cancro de Mama que tivo lugar este pasado sábado, 19 de outubro.  Para concienciar sobre esta enfermidade o Concello xunto coa AECC no Baixo Miño convoca unha concentración este xoves, 24 de outubro, ás 12 h diante da Casa do Concello.

O cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres, diagnosticándose cada ano 33.307 novos cancro de mama en España. Co Día Mundial búscase concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.