Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Casa do Concello ilumínase de azul co gallo do Día Mundial da Diabetes

12/11/2019

A casa do Concello de Tui iluminarase de azul na noite do mércores 13 ao xoves 14 de novembro para conmemorar o Día Mundial da Diabetes.

Con este acto simbólico o concello de Tui, a través da concellería de Ensino e Cultura, súmase á concienciación sobre esta enfermidade nunha campaña que este ano ten coma lema “Diabetes: Protexe a túa familia”. O obxectivo da campaña é aumentar a concienciación sobre o impacto que esta enfermidade ten sobre a familia, e busca promocionar o papel da familia na xestión, atención, prevención e educación.

O Día Mundial da Diabetes celébrase o 14 de novembro en máis de 160 países.