Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Adiadas as actividades da Semana da Biblioteca

19/10/2020

O Concello de Tui comunica que as actividades programadas para esta semana pola Biblioteca Municipal de Tui para conmemorar o 50 aniversario da súa creación son adiadas, para unha nova data que se comunicará oportunamente.

A limitación de reunións a 10 persoas fixadas pola Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, levou a tomar esta decisión.  En concreto o aprazamento afecta ás actividades programadas pola Biblioteca Municipal ente o 20 e o 24 de outubro, que estaban dirixidas ao público infantil e outros segmentos de idade. Realizaranse nunha nova data na que poidan asistir un maior número de persoas. 

Esta decisión non afecta á apertura da biblioteca que continúa funcionando co aforo e as regulacións establecidas polas normativas sanitarias no seu horario habitual,  de 9 a 14 h de luns a sábado de 9 a 14 h e de 15.30 h a 21.30 h de luns a venres. 

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indica que “debemos ser prudentes ante a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 e tomar as medidas de prevención pertinentes aínda que lamentemos adoptar una decisión como adiar estas actividades conmemorativas do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui”.