Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XXII Feira do Libro Galego

Data: 
17/05/2019
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O Paseo da Corredoira acolle o venres, 17 de maio, de 12 a 20.30h a XXII Feira do Libro Galego coa participación das Librarías Iris e Espazo Lector Nobel.

O Día das Letras Galegas deste 2019 está dedicado a Antón Fraguas

Máis de dúas décadas leva Tui festexando as nosas letras coa Feira do Libro Galego coa colaboración das librarías locais. O amplo traballo editorial na nosa lingua queda reflectido nos 16 postos distribuídos ao longo do céntrico paseo tudense.

Programación

  • 12:00 h  Acto de apertura a cargo da escritora Iria Misa
  • 12:10 h  Grupo de pandereteiras As D’abadía da Asociación Cultural A Insua de Caldelas
  • 12:30h  Concerto familiar de Urdime con “Fantasía musical”
  • 13:30 h  Banda de gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei
  • 16:00 h a 19:00 h Obradoiro de marcapáxinas con “En un Tris Tras”
  • 17:30 h  Grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro
  • 18:00 h  Coral Ponte das Febres
  • 18:30 h  Contacontos de Culturactiva con “Bandullo azul:Flipa cos contos”
  • 19:30 h  Teatro de rúa de Culturactiva con “Saaabor”
  • 20:30 h  Coral do Centro Sociocomunitario de Tui