Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Redrum con "Idiota"

Data: 
23/10/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

A compañía Redrum presenta o venres, 23 de outubro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui  a comedia negra "Idiota".  Escrita por Jordi Casanovas está dirixida Alex Sampayo e protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro.

“Idiota” conta a historia dun home que se presenta a unhas probas psicolóxicas remuneradas coma un xeito sinxelo de conseguir cartos. Pero finalmente isto convértese nunha trampa xa que as preguntas e enigmas formulados por unha atractiva psicóloga póñeno nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

Machi Salgado recibiu o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego do Carballiño, e foi nomeado na categoría de Mellor Actor Protagonista nos Premios María Casares.

  • Autor: Jordi Casanovas
  • Dirección: Alex Sampayo
  • Elenco: Machi Salgado, Susana Sampedro
  • Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
  • Escenografía: Redrum Teatro e Escenoset
  • Vestiario: Guillermo Carbajo

Entradas 6€ e 5€. Á venda dende o luns 19 de outubro até o venres 23 ás 20.30 h en tui.gal, e o venres 23 dende ás 20.30h até o comezo do espectáculo no despacho de billetes.  Capacidade limitada a 60 espectadores. 

Comprar entradas

 

IDIOTA de Redrum Teatro