Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil

Data: 
23/02/2019
Lugar: 
Novo pavillón municipal de Tui

O novo pavillón municipal de Tui acolle o sábado, 23 de febreiro, dende ás 11 h a primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui.

Participarán un total de 369 judokas, 119 na categoría feminina e 250 da masculina, provenientes de 41 clubs e centros  escolares da provincia de Pontevedra, 11 de Santiago de Compostela e 1 de Ourense, todos eles de categoría alevín e infantil, divididos por idades e pesos. O sistema de puntuación será o mesmo para todas as categorías,  3  puntos por combate gañado e 1 por non gañado. Vencerá en cada liga o judoka que máis puntos obteña pero todos os participantes recibirán un premio por participar.

O campionato ten un obxectivo pedagóxico xa que pretende que os  máis pequenos se inicien neste deporte a través dunha competición baseada na estimulación e esforzo, promovendo valores de respecto e garantindo a seguridade na práctica do judo. Pretenden tamén fomentar a participación de todos os judokas galegos destas idades que practiquen regularmente este deporte.