Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Marisa Irimia con "A Pirata Escarlata"

Data: 
24/10/2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Tui

O xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18.00 h na Biblioteca Pública Municipal Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura  presenta "A pirata Escarlata".

Esta actividade trata de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.

Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 11 anos de idade.