Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Foro de Emprego Emprega Tui

Data: 
17/09/2019
Lugar: 
Aula da UNED

A Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, acolle o martes, 17 de setembro, o foro de emprego Emprega Tui promovido polo Concello de Tui a través do Plan Integral de Emprego.

É preciso inscrición previa, e as prazas son limitadas.  As persoas interesadas poden anotarse no correo p.i.emprego@tui.gal o nos teléfonos 664 552 493, 629 706 436 e 986 60 16 51 ou presencialmente no segundo andar do Centro Municipal de Formación municipal do Concello de Tui en Guillarei.

Programa:

  • Ás 8.45 h coa recepción dos participantes
  • Ás 9.15 h Presentación do foro da man do alcalde e a concelleira de Formación e Emprego, e de representantes da Xunta de Galicia
  • Ás 9.30 h O equipo técnico do PIE, Plan Integrado de Emprego, presentará este programa e explicarán algunas das experiencias do participantes.
  • Ás 10.00 h Obradoiro “Como buscan as empresas o seu persoal” da man da consultora de formación e selección Quick Up
  • Ás 11.00 h Obradoiro “Portugal, una ponte ao emprego” a cargo do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal
  • Ás 11.30 h descanso
  • Ás 12.00 h “Cómo facer visible a túa candidatura nunha ETT” por Adecco España e  “O mercado laboral e os procesos de selección en Portugal” por Adecco Portugal
  • Ás 12.30 h Luís Prados de Star Servicios, Matías García de Alonarti, Jesús López de Utingal, e Carmen Crusat do grupo Marsan presentarán nunha breve exposición a súa filosofía corporativa e como son os procesos de selección, co fin de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Tamén exporán as necesidades e requisitos das empresas á hora de realizar unha contratación e facilitarlle  ás persoas desempregadas claves que as axuden a superar con éxito os procesos de selección
  • Ás 14.00 h Peche da xornada.