Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición “Alto Minho, paisagens, espécies, historias”

Data: 
15/11/2019
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Até o 1 de decembro de 2019 a Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle aa exposición itinerante “Alto Minho, paisagens, espécies, historias” promovida pola Comunidade Intermunicipal – CIM Alto Minho co obxectivo de revelar a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho.

Esta mostra está integrada por paneis interpretativos así como elementos multimedia dedicados ás tres temáticas da exposición: Paisaxes, Especies e Historias, xunto cun documental e unha misteriosa arca interactiva con 20 obxectos.

A exposición ofrece ao visitante unha perspectiva ecolóxica e social da zona, mostrando algunhas das especies que habitan esta rexión, explorando unha grande variedade de paisaxes e desvelando como os altominhotos se relacionan con este territorio e a súa biodiversidade.