Roi Borrallas presenta mañá venres no Teatro Municipal “Solo”
“Solo” é o título do espectáculo que Roi Borrallas presenta mañá venres, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. No mesmo combina monicreques, manipulación de obxectos, máscaras…nun escenario convertido en camerino no que un espello separa ou conecta ao artista do público. Coreografías faciais, máscaras con escuma de afeitar,óperas épicas... son algunhas das ferramentas que utiliza Roi Borrallas nesta peza para, a través do humor, falar da soidade e das máscaras que todos nos poñemos a diario.