A Gramola Gominola repasa os seus éxitos este venres en Tui
A música encherá este venres, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui con A Gramola Gominola interpretando os éxitos máis destacados da súa carreira en “As que máis molan da Gramola”.
A Gramola Gominola naceu en 2015. Está formada por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz. En 2018 recibiron o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.
Contan con tres libros-discos A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) e Bravas.O rexurdir da luz (2019).