Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Semana Santa

Domingo, 17 de marzo

18.00 h na Capela das Reliquias da S. I. Catedral

Pregón da Semana Santa A cargo de D. José María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. Pequeno concerto a cargo de alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal de Música de Tui.

Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.

O MUMI abre mañá as inscricións para artistas e profesionais

Undefined

Mañá 15 de marzo abre o prazo para inscribirse no Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024. A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas pecharase o 30 de abril, mentres que as inscricións para profesionais permanecerán abertas ata o 8 de setembro. En ambos casos, a participación é gratuíta a través da web mumimusicas.eu.

Con de Tres Pés presenta “Síbaris” este venres en Tui

Undefined

Máis de 250 entradas van xa vendidas para representación de “Síbaris” por Con de Tres Pés que este venres pecha a programación dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui. O público poderá gozar a partir das 21 h desta representación que leva a escena a obra teatral póstuma do escritor Domingo Villar.

Lois Blanco dirixe ao elenco formado por  Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa.

Tui celebrará do 17 ao 31 de marzo unha Semana Santa singular e única en Galicia

Undefined

A Semana Santa de Tui é única e singular en Galicia. Así o expuxo esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación do libro editado polo Concello de Tui no que se recolle o programa previsto dende o domingo 17 ao domingo 31 deste mes de marzo en Tui, xunto a numerosas fotografías de Chico Bugarín dos distintos actos previstos, así coma un texto no que se recolle a escenificación do Horto das Oliveiras, da que hai referencia documental da súa celebración xa no ano 1818.

O lume de San Telmo e a man protectora do santo protagonistas do cartel das festas deseñado por Víctor Abundancia

Undefined

O tudense Víctor Aparicio Abundancia é o autor do cartel anunciador das festas de San Telmo deste ano 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril. O polifacético tudense, músico, deseñador gráfico, autor de sainetes teatrais, realizador de documentais e videoclips e autor de cómics asumiu con ledicia e satisfacción o encargo realizado polo Concello de Tui para deseñar a imaxe das festas patronais deste ano. 

O Teatro Municipal acolle mañá á proxección de “O Corno” de Jaione Camborda coincidindo co 8M

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, ás 21 h, a proxección de  “O Corno” de Jaione Camborda, coincidindo co 8M, Día Internacional da Muller.

O filme foi galardoado coa Concha de Ouro á mellor película no Festival de San Sebastián.

Janet Novás, que vén de recibir o Premio Goya á mellor actriz revelación polo seu papel neste filme, encabeza o reparto formado por Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido.

Unha visita polos lugares da memoria de Rosendo Salvado pechan as xornadas con motivo do 2010 aniversario do seu nacemento

Undefined

Mañá venres, 1 de marzo, finalizan as Xornadas Rosendo Salvado que promove o Concello de Tui para a difusión da vida e traxectoria deste singular tudense. Coincidindo co CCX aniversario do seu nacemento na nosa cidade na tarde do venres desenvolvérase unha visita guiada a diversos lugares da cidade ligados á memoria do egrexio frade beneditino.

A Gramola Gominola repasa os seus éxitos este venres en Tui

Undefined

A música encherá este venres, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui con A Gramola Gominola interpretando os éxitos máis destacados da súa carreira en “As que máis molan da Gramola”.

A Gramola Gominola naceu en 2015. Está formada por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz. En 2018 recibiron o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.

Contan con tres libros-discos A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) e Bravas.O rexurdir da luz (2019).

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura