Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Mañá, 14 de febreiro, terá lugar a derradeira proxección deste curso do programa “O cine nas Aulas” promovido dende o departamento de Servizos Sociais coa colaboración dos centros educativos tudenses.
Dobre cita esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui. O venres, ás 20h, Limiar Teatro Presenta “Don Quixote, unha comedia gastronómica” e o sábado, ás 19h, Educa Teatro achega “Carapuchiña Vermella”.
As comparsas e grupos que desexen participar no Desfile Concurso de Entroido, que o luns 27 de febreiro se celebrará en Tui, deberán inscribirse o próximo luns, 13 de febreiro, de 9 a 14h no rexistro de entrada na casa do Concello.
O polifacético Carlos Blanco e o humorista gráfico Luís Davila vístense de gala este venres no Teatro Municipal de Tui co seu novo espectáculo, “Menú da noite”. Unha cita que prevé ser un éxito de público con máis de 250 entradas vendidas no despacho de billetes online en www.culturatui.info a falta de dous días para que soban ao escenario tudense.
O concello de Tui celebra esta fin de semana o acto de homenaxe “Cela en Tui” que celebra o centenario do nacemento do célebre autor e gañador do premio Nobel de Literatura Camilo José Cela, quen tivo unha forte relación coa cidade.
Este venres, 27 de febreiro, ás 11h no ambigú do Teatro Municipal de Tui terá lugar a presentación da Axenda Cultural Corredoira que recolle a programación correspondente ao primeiro semestre de 2017.
A cultura urbana chega a Tui nesta fin de semana por partida dobre. O pavillón municipal acollerá este domingo 29, a partires das 15:00 horas, o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”. Máis dun centenar de bailaríns participarán en diferentes coreografías e actuacións en grupo con integrantes dende os 4 anos en diante.
Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico