Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades

Actividades

  • Servizo de información, orientación e busca de emprego financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
  • Publicación nos taboleiros do propio centro, na web municipal e nas redes sociais de información e orientación tanto para a busca de emprego como busca de formación
  • Cursos de formación ocupacional nas áreas para as que conta con aulas homologadas
  • Probas de selección de persoal para o Concello, cando se precisa un espazo amplo ou o uso de varios ordenadores
  • Cursos de Riscos Laborais para persoal municipal
  • Aulas para estranxeiros
  • Cursos promovidos por asociacións
  • Cursos para persoal das administracións públicas promovidos pola Deputación Provincial

Máis de 1.100 usuarios ao ano. Retorno das actividades desenvolvidas en instalacións públicas.

É indiscutible a importancia do labor social que se realiza dende o Centro Municipal de Formación ofertando con carácter gratuíto unha ampla relación de cursos. De media os alumnos destas actividades formativas acoden a estas instalacións en períodos que oscilan entre os 3 e os 9 meses. A estes usuarios súmanse os que acoden citados polo Servizo de Orientación ou aqueles que se achegan demandando información, polo que ao longo do ano pasan polo centro máis de 1.100 persoas.

A realización de prácticas por parte do alumnado das distintas accións formativas levadas a cabo redundan positivamente nas instalacións públicas de titularidade municipal, xa que na meirande parte dos casos esas prácticas conlevan actuacións en dependencias, servizos ou equipamento, polo que amais da formación do alumnado se consegue tamén unha mellora de instalacións ou servizos polo que este labor deixa tamén a súa pegada na rúa.