Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Servizos Sociais informa do Programa de Saúde e Benestar dirixido aos maiores de 50 anos

9/10/2012

O prazo de solicitude remata o 11 de novembro

 

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui informa que ata o vindeiro 11 de novembro está aberto o prazo de solicitude do Programa de Saúde e Benestar dirixido a maiores de 50 anos, a través do cal, ofertase a este colectivo a posibilidade de gozar dunha estancia nos balnearios ou hoteis con Spa da provincia. Este programa está ofertado polo Servizo de Acción Social da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Características do programa:

- Desenvolverase ata o vindeiro mes de decembro

- Consiste en pasar seis días con cinco noites en réxime de pensión completa con bebidas incluídas.

 

Participantes:

-          Persoas de 50 ou máis anos.

-          Pensionistas.

-          Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.

 

Documentación a presentar:

-          Impreso da solicitude.

-          Fotocopia do DNI

-          Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.

 

Lugar de presentación:

-          Rexistro xeral da Deputación.

-          Rexistro da delegación da Deputación en Vigo

-          Por correo

-          No departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.

 

Prezos:

Os prezos van dende 175,93 ata 217,59 euros (consultar prezos segundo balneario). Aos prezos totais hai que lles facer un desconto de 30 euros que achega a Deputación.

 

Para a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Tui, Olga Montes Moldes, o obxectivo deste programa é proporcionar as persoas que vivan na nosa provincia, con idades a partir de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, a posibilidade de pasar unhas xornadas nos establecementos hoteleiros da provincia ofertados, a prezos reducidos, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida. Por outro lado xera unha inversión social importante, fomentando a creación e consolidación dos postos de traballo no sector hoteleiro da nosa comunidade. O departamento de servizos sociais do Concello, engade, proporciona a información e documentación necesaria a a todos os interesados en participar neste programa.