Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

11ª Andaina Saudable Eurocidade 2012

10/10/2012

O sábado 13 de outubro – Trilho Castelo da Furna

 

Este sábado 13 de outubro ás 10.30 horas españolas – 09.30 horas portuguesas (como indica o cartel), realizarase a 11ª Andaina Saudable Eurocidade 2012, organizada pola Eurocidade Tui – Valença.

 

Neste caso a Andaina Trilho “Castelo da Furna” percorrerá a freguesía da Taiao, sendo o punto de encontro a Igrexa Matriz de Taiao, ás 10.00 horas (españolas). Para aqueles que non coñezan esta igrexa, quedarase ás 09.45 horas no parking do Lidl de Valença.

 

O percorrido, de dificultade fácil, terá unha distancia de 13 km, sendo o tempo aproximado de duración de catro horas e media.

 

Esta será a 11ª andaina do programa de Andainas Saudables Eurocidade 2012. Nas anteriores andainas participaron máis de 100 persoas de media.

 

Esta andaina forma parte tamén do programa de actividades das Xornadas Europeas de Patrimonio que promoven a Camára de Valença e o Concello de Tui.

 

Punto de encontro

Igrexa matriz de Taiao – 10.00 horas españolas

Coordenadas: 41°59'53.42"N/8°35'26.67"W

 

Parking do Lidl de Valença – 09.45 horas españolas